Entrevista a Rafael Canales en Radio Obradoiro.
Noticias
Galicia conta con 1.500 Aldeas abandonadas, Entrevista a nuestro Director Rafael Canales en Radio Obradoiro de Galicia. Marzo 2011.
SANTIAGO. RO
O director de aldeasabandonadas.com, Rafael Canales, indicou en Radio Obradoiro que este negocio xurdiu cando comprobaron que en todo o Estado existían un gran número de aldeas...
O director de aldeasabandonadas.com, Rafael Canales, indicou en Radio Obradoiro que este negocio xurdiu cando comprobaron que en todo o Estado existían un gran número de aldeas que xa non estaban habitadas, en particular en Galicia onde se chega á cifra máis alta con 1.500 aldeas abandonadas. Segundo dixo, dende a súa empresa viron isto como unha gran oportunidade comercial e unha posibilidade de facer rexurdir esas aldeas. Das 1.500 dispoñibles na nosa comunidade, dende aldeasabandonadas.com puxeron en venda 30 polas dificultades que, segundo apunta o seu director, supón atopar e tramitar a documentación destes inmobles.
Rafael Canales sinalou que o 70 por cento da clientela de aldeasabandonadas.com son na actualidade "urbanitas" que queren deixar a cidade e desfrutar da calidade de vida e tranquilidade do campo. Arredor do 30 por cento restante son empresarios hosteleiros que queren montar negocios de turismo rural.

Escoita o audio completo na sección "As entrevistas do día" , google Rafael Canales entrevista Radio Obradoiro, Aldeasabandonadas.com